ENTIDADE RESPONSABLE |
Deputación de Lugo |
ROL |
Responsable do Tratamento |
ÁREA(S) RESPONSABLE |
Emprego |
FINALIDADE |
Realización de programas de emprego para a dinamización do entorno económico da provincia, así como asesoramento ó emprendemento e orientación laboral. Envío de comunicacións para a difusión de actividades e programas de emprego promovidas pola Deputación de Lugo. |
INTERESADOS |
Cidadáns |
CATEGORÍAS DE DATOS |
Nome apelidos D.N.I C.V. dirección postal correo electrónico sinatura datos exclusión social escritura pública estatutos documento IAE nóminas recibo de liquidación de cotizacións relación nominal de traballadores certificado conta bancaria |
BASE LEXITIMACIÓN |
RGPD: 6.1.a) O interesado deu seu consentimento para o tratamento dos seus datos personais para unha ou varias fins específicas. RGPD: 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia |
DESTINATARIOS DE COMUNICACIÓN |
Xunta de Galicia Concellos da provincia de Lugo |
TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
|
Non previstas |
PRAZO SUPRESIÓN |
Os datos se conservarán durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación |
MEDIDAS DE SEGURIDADE |
Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade |
Aos efectos previstos no “Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento general de protección de datos)”, proporciónaselle a seguinte información en relación ao tratamento dos seus datos.
RESPONSABLE DO TRATAMENTO
A información facilitada no formulario é titularidade da DEPUTACIÓN DE LUGO, domiciliada en Rúa San Marcos, 8 – 27001 Lugo.
Para calquera información adicional pode realizar calquera consulta a través dos seguintes medios:
FINALIDADE
Na DEPUTACIÓN DE LUGO tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coa fin da xestión de programas de emprego, así como para o envío de comunicacións para a difusión de actividades e programas de emprego promovidas pola Deputación de Lugo
Non está prevista a toma de decisións automatizadas ou a elaboración de perfís.
Os datos persoais das persoas interesadas na recepción de información manteranse no sistema de forma indefinida en tanto o interesado non solicite a súa supresión.
LEXITIMACIÓN
A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais atopa o seu fundamento no cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento (Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia), así como no consentimento do interesado para o envío de comunicacións. Os datos persoais solicitados son de carácter obrigatorio, polo que a súa non cumprimentación supón a imposibilidade da súa inclusión nos ficheiros anteriormente descritos e o cumprimento das finalidades definidas no apartado anterior.
DESTINATARIOS
Durante da tramitación do expediente se publicará información do estado das mesmas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Taboeiro de anuncios da Deputación de Lugo e na páxina web da Deputación. Está prevista a comunicación dos datos á Xunta de Galicia e a outros concellos da provincia.
Non está prevista a transferencia internacional dos datos.
DEREITOS
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, en DEPUTACIÓN DE LUGO, estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento das fins para os que foron recollidos e en cumprimento da lexislación vixente.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso, unicamente, se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. DEPUTACIÓN DE LUGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou na defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou a DEPUTACIÓN DE LUGO nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina. Este último dereito quedará limitado polas seguintes excepcións: que os datos sobre os que recae este dereito foran facilitados pola persoa interesada; que os seus datos sexan tratados por DEPUTACIÓN DE LUGO de xeito automatizado (medios informáticos).