Galicia atesoura un legado patrimonial no que atopamos numerosas representacións artísticas que achegan información, ás veces única, de instrumentos musicais do pasado. Estas imaxes, nas que destacan as igrexas e mosteiros da Ribeira Sacra Lucense, constitúen fontes documentais excepcionais para reencontrarnos co son doutros tempos.
A Deputación de Lugo é pioneira na súa recuperación grazas ao traballo coordinado entre artesáns, organólogos, historiadores da arte e músicos que se ben desenvolvendo no Obradoiro de Instrumentos Musicais desde o ano 1993. Froito desa constancia presentamos, o proxecto de Estudo e difusión da música medieval en Galicia, unha nova actuación integral, tanto para a reconstrución de instrumentos, como para a súa posta a disposición de músicos e compositores que teñan interese en investigar e experimentar nas posibilidades sonoras e musicais dun conxunto instrumental de corda medieval, estimulando e promovendo, por outra parte, a acción conxunta de artesáns e músicos.
Este conxunto forma parte dos fondos en préstamo da Colección de Instrumentos Musicais e Arquivo Documental do CENTRAD.
Galería de imaxes.
Formulario de solicitude
Equipo de traballo
Dirección
Luciano Pérez Díaz
Coordinación administrativa
Santiago Rodríguez Túñas
Investigacións
Christian Rault
Francisco Luengo
John Wright
Mestres artesáns
Christian Rault
Xermán Árias
Antonio Franco
Alumnos
Álvaro Fernández Ferreiro
Álvaro Méndez Fernández
Francisco Maañón Álvarez
Iago Salgado Álvarez
Iván García Méndez
Luciano Pérez Díaz
Marco Antonio Gamarra Blanc
Marta García Díez
Miguel Bande Ramudo
Norka Pérez Noguera
Pedro Carballo López
Roberto de Caso Piñeiro