Colección para préstamos


Esta colección que presentamos e froito da nosa constancia nos traballos de recuperación do patrimonio musical galego. Componse de 8 instrumentos de corda representados na iconografía galega entre os anos 1105 e 1270, dúas centurias de grandes innovacións e cambios tecnolóxicos producidos na sociedade. Para elo desenvolvemos unha nova actuación integral contemplando reconstrucións históricas, formación de artesáns profesionais e cursos de interpretación especializados.

Para a presentación pública programouse un ciclo de concertos e exposicións itinerantes que rematarán con unha nova proposta no ano 2021 baixo o título de A Memoria do son. Proxectada con vontade divulgadora, permitirá traballar aos docentes diferentes competencias, desenvolvendo, á vez, sentimentos de pertenza e espertando o pequeno investigador que levamos dentro.

Con estas novas achegas do proxecto, estudo e difusión da música medieval logramos unha ampla panorámica do que foi a música na Idade Media e conformamos esta colección que destinamos a préstamos temporais gratuítos a músicos, compositores e alumnado que precisen sacar adiante os seus estudos ou que teñan interese en investigar e experimentar as súas sonoridades.


Galería de imaxes.

Giga Rei David
Rei David. Primitiva porta da trinidade. Catedral de Santiago
Rota. Rei David
Salterio. Cantigas de Santa Maria
Rei David primitiva porta norte. Catedral de Santiago
Viola de brazo. Pórtico da gloria
Viola de perna. Pazo de Xelmírez
Zanfona. Cantiga de Santa María

 


Formulario de solicitude