Cultura
Deputación de Lugo

A Rede Museística da Deputación ofrece 36 actividades aos centros escolares da Provincia

cultura
museo
rede museística
Programación Rede Museística
- A Deputada de Cultura avanzou a programación para este curso na que se inclúe visitas guiadas, e actividades sobre a prehistoria, safari arqueolóxico, rutas literarias, crea o teu propio museo, viaxes fotográficos ou a muller na arte, entre outras

- Como novidade o Museo Provincial acollerá actividades didácticas relacionadas coa exposición actual de Manuel Jorge, a través de obradoiros para afondar na obra deste autor chantadino

- As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/

A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividades aos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou este xoves, no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro e a Xerente da Rede Museística, Encarna Lago.

García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio nos nosos museos. A través desta programación, xunto coa nosa longa experiencia e o apoio dos docentes, buscamos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas, rigorosas e con contidos que entroncan coas actividades escolares”, sinalou.

A Deputada convidou “a todos os colexios e aos alumnos a participar nestas actividades que contribúen a súa formación, e ao mesmo tempo, son iniciativas lúdicas para que se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido. Polo tanto son unha oportunidade única para desfrutar da cultura con maiúsculas”.

Coñecer un museo, rutas franciscanas e castelos encantados, entre outras
A programación da Rede Museística é completamente gratuíta, entre as súas actividades destacan no Museo Provincial de Lugo a iniciativa Crea o teu propio museo, na que os alumnos poderán valorar a importancia que ten un museo, entendan o funcionamento e a metodoloxía de traballo, así como unha concienciación dentro da nova museoloxía. Outra proposta son as Rutas Franciscanas, coa que os alumnos farán un percorrido interactivo polas estancias que pertenceron ó antigo convento franciscano: claustro, refectorio e cociña. No Museo do Mar, os participantes poderán escoitar as historias de navegantes e cazadores de baleas, de facedores de barcos e peneiradores do mar, a través de  actividades como por exemplo: A agulla de marear ou Arriba a bandeira. No Museo Pazo de Tor os asistentes coñecerán os animais representados en distintas obras expostas no Museo co Viaxe fotográfico no Museo Pazo de Tor, e tamén As árbores da historia, outra proposta coa que conta a importancia da liñaxe cos diferentes entronques familiares e os devanceiros de toda a familia. E por último, no Museo Fortaleza-San Paio Narla, desfrutarán de historias do  Castelo encantado, co fin de identificar os distintos estamentos; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.  

Programación nos 4 museos durante todo o curso escolar
As actividades que se impartirán, durante todo o curso escolar, na Rede Museística son un total de 36, son as seguintes;

  • Museo Provincial de Lugo: Crea o teu propio museo; Muller na Arte, Arte na Muller; Rutas franciscanas/Franciscanos no museo; Vivir a Prehistoria; Coñece o teu museo; Rutas Literarias; Actividades relacionadas coa exposición: Manuel Jorge. (Ver programa).
  • Museo do Mar (Cervo): A agulla de marear; Por aí resopra; Contouche alguén canto dura o teu lixo?; Arriba a bandeira; Un mar de linguas; Crea o teu propio museo; Reescribindo a historia das mulleres do mar e  Muller na Arte, Arte na Muller. (Ver programa).
  • Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos): Crea o teu museo; Tor: cámara e acción; O Museo Pazo de Tor do luscofuco á candea; Viaxe fotográfico no Museo Pazo de Tor; As árbores da historia; O Museo como retrovisor histórico e Muller na Arte, Arte na Muller. (Ver programa).
  • Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol): Visita de Iniciación; O castelo encantado; Facendo Historia (Heráldica); O porvir do pasado; Na lareira; A bela Durminte; Unha sinatura medieval: un signo lapidario; Os escribáns en San Paio de Narla; Bargueños: Encaixando a creatividade; Ollando a cultura-prismáticos; Xogo de verbas; Á procura do acibeche de San Paio e Muller na Arte, Arte na Muller. (Ver programa).
Programación Rede Museística