Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación achega o traballo artesán ao público para celebrar os Días Europeos da Artesanía

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
artesanía
EFRÉN CASTRO
IRIA CASTRO
DÍAS EUROPEOS ARTESANÍA
coiro
TEAR
CERÁMICA

Moldear barro, tinguir coiro ou manexar un tear son algunhas das posibilidades que se ofrecen nestas demostracións participativas, que continuarán a fin de semana na Capela de Santa María

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro achegáronse este mediodía aos obradoiros e demostracións de coiro, cerámica e textil que se están a desenvolver na Capela de Santa  María coincidindo cos Días Europeos da Artesanía.

As firmas de artesanía Tres Caracoles, LeCoop, Ceniza de Papel, La Bellota Mágica e Fusaiola son as encargadas de realizar as actividades, coas que se pretende achegar ao público o traballo das artesás e artesáns e poñer en valor a súa riqueza e singularidade.

Efrén Castro animou á “participar nestas actividades que ofrecen a posibilidade de ver en directo o traballo artesán, coñecer as técnicas, ferramentas e materiais que empregan e, sobre todo, probar a facer coas propias mans algunhas pezas”.

As actividades, abertas ao público, continuarán ao longo da fin de semana, en horario de mañá – de 10.30 a 14.00 horas – e tarde -17.00 a 20.00 horas -.


Coiro

Con TRES CARACOLES (Ana Novo Barreiro)
Mostrario de diferentes tipos de peles, ferramentas e tinguiduras.
Exposición de pezas
Demostracións: Proceso completo de elaboración dun cinto. Tintado con muñequilla e con escuma. Elaboración de follas de coiro na que o público poderá intervir e levar a sùa folla como recordo da experiencia.

Con LeCOOp (Víctor Montero Fernández)
Mostrario de diferentes tipos de peles, ferramentas e tintes.
Exposición de pezas
Demostracións: Elaboración dunha funda para dispositivo electrónico. Corte,tinguido, cosido, terminación de bordes e acabado final.


Cerámica
Con CENIZA DE PAPEL ( Mª Josefa Sánchez Castedo) e LA BELLOTA MÁGICA (Inmaculada Díaz Cabado)

Barro, ciencia e paqciente. O obxectivo do taller é dar a posibilidade de gozar ca arxila, coñecela e manipulala para que os participantes que se animen podan facer a súa propia peza utilizando distintas técnicas, como planchas, churros ou torno. Descubriremos que hai moitas formas de traballar o barro, a súa preparación, amasado e técnicas

Os días 4 e 5  as dúas artesáns mostrarán como é o día a día nos seus talleres compartindo coñecementos, técnicas e trucos que utilizan para as súas creacións. Expoñeranse as ferramentas e materiais propias do taller de cerámica e a metodoloxía do traballo. Adicionalmente os días 6 e 7 faranse demostracións participativas na que os asistentes poderán experimentar a arte da cerámica elaborando a súa peciña.

Artesanía textil
Con FUSAIOLA (Lourdes Otero Mato)

Explicación da montaxe dos teares de alto e baixo lizo, tipos de ligamentos e ferramentas empregadas na labor;  así como a obtención de materias primas tradicionais e modernas. Mostrario de pezas elaboradas no tear con distintos debuxos e remates.  Demostración de tecido en tear de alto e baixo lizo.

Ao remate das explicacións os participantes que así o desexen poderán sentar fronte ós teares de alto e baixo lizo e tecer uns centímetros baixo as explicacións da artesá.
A visita á demostración poderá facerse por orde de chegada ou en grupos de máximo 8-10 persoas, tal como se acorde o itinerario entre os artesáns participantes.