Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación organiza o cuarto Celme de Zanfona, cun programa centrado nos cegos cantores que se amplía con actividades complementarias ata fin de ano

CELME DE ZANFONA
EFRÉN CASTRO
IRIA CASTRO

cepresidencia da Deputación de Lugo organiza a cuarta edición de Celme de Zanfona, un encontro ao redor deste instrumento milenario, que se desenvolverán do 12 ao 15 de setembro no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a deputada de Cultura Iria Castro e o coordinador do programa e director da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros Luciano Pérez presentaron o encontro que terá como eixo temático o papel dos cegos cantores como portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media.

Músicos e investigadores da tradición oral como Anxo Pintos, Miro Casabella, Iván Abal, Óscar Fernández ou Félix e Castor Castro Vicente impartirán diferentes clases maxistrais e relatorios sobre o repertorio, os recursos técnicos e expresivos e o contexto en que se desenvolveron estes músicos itinerantes ao longo da historia. O programa inclúe  un espazo destinado a instrumentais emerxentes como María López Carballo ou Carme Romero Díaz, un concerto de cantos de cegos de Galiza e Portugal e un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval qe recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreques.

O Celme de Zanfona conta ademais nesta edición cun amplo programa de actividades complementarias que se desenvolverán ao longo do ano, artelladas ao redor da exposición Pregos de Cordel: Crimes, Monstros e Milagres, con materiais e documentos do Arquivo Castro Vicente que amosan as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas a estampa deste xénero.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro valorou “a consolidación deste encontro que puxemos en marcha coa intención de dinamizar e proxectar o patrimonio musical do Centrad, reunido na Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros, e a bagaxe de formación e investigación que a institución provincial acumulou durante décadas grazas ao obradoiro de construción de instrumentos, pioneiro na recuperación da zanfona” e destacou “a variedade de propostas que confluén no programa desta edición, desde clases maxistrais ata espectáculo teatralizados, e o reforzo das actividades complementarias, que se extenderán ata final de ano”.

As inscricións para participar nas clases maxistrais e nas actividades pechadas do programa poden realizarse a través do enderezo electronico celmedezanfona@gmail.com

PROGRAMA