GAITA SABRANESA

 

A experiencia no campo da recuperación de patrimonio musical foi protagonista en diferentes encontros e suscitou o interese doutras institucións alleas para acometer a recuperación dalgún instrumento musical, en vías de desaparición, como neste caso a Deputación de Zamora, que nos proporcionou a oportunidade de acometer un traballo sobre as gaitas do noroeste zamorano lindando con Portugal. Inicialmente, o estudo abarcaba as comarcas de Aliste e Sanabria pero concretouse na xenuína e arraigada gaita de fol sanabresa.

Tratase dunha gaita de timbre aberto e gran sonoridade, apropiada para interpretacións ao aire libre e acompañamento do canto. A principal característica diferenciadora desta gaita é a súa escala modal, con micro tons, a medio camiño entre o bemol e o becuadro nos graos 3º, 6º e 7º, con aproximadamente 1/4 de ton por debaixo. Conecta, dalgunha maneira, co campo da música medieval e renacentista, anterior ao temperamento de dous semitóns iguais, aínda que en tesitura de Do reproduce unha escala en modo de La con eses tres graos rebaixados.

O instrumento que o gaiteiro e cantor, Julio Prada, puxo á nosa disposición serviu de modelo para construír un prototipo e favorecer a creación da Escola de folclore de Zamora que, actualmente, conta cunha rede comarcal e algún obradoiro que as constrúe.

GALERÍA DE IMAXES

alberto jambrina con julio prada
gaita sanabresa
puntera de plata Juan Antonio Parra

DESCARGABLES


EQUIPO DE TRABALLO:

 

Traballo de campo:

Alberto Jambrina

Pablo Madrid

Gaiteiro:

Julio Prada

Estudo e reconstrución:

Luciano Pérez

Xesús Pérez