TROMPA DE BOCA

O ensino, estudo e recuperación do patrimonio musical galego vertebra o traballo do obradoiro ata o ano 2008. Un dos programas que se desenvolveron máis exitoso é o dedicado á recuperación e continuidade do oficio e interpretes de trompa, un termo da montaña Lucense e, tamén, xeralmente utilizado en Irlanda e en Escocia. A trompa forma parte dunha categoría de instrumentos que emprega a capacidade da boca humana para producir unha morea de tons, unha variedade infinita de sons e con moitas maneiras de conseguilo. Mantívose vivo no concello da Fonsagrada grazas, entre outros, ao falecido Herminio Villaverde.

Un completo programa formativo con conferencias, obradoiros de construción e interpretación, mercado de venda e festival, durante unha semana no CENTRAD. Desenvolvéronse as actividades ás que asistiu numeroso público e alumnado chegado de toda Galicia. Músicos e artesáns galegos, sicilianos e noruegueses, xunto ao investigador John Wright, traballando xuntos para a revitalización dun instrumento musical que nos xungue ao compartir o mesmo sistema de fixación da lingüeta ao marco de ferro por medio dunha cuña.
Nunha segunda fase, desprazámonos á Fonsagrada para achegarlles a formación aos rapaces e rapazas da contorna, que construíron o seu propio instrumento. Paralelamente, nun  obradoiro ao aire libre, constrúese un instrumento xigante como monumento á trompa que instalamos  na praza do concello. 
Hoxe a trompa de boca é un instrumento máis do noso repertorio instrumental. Profesorado, mestres artesáns e, mesmo, unha asociación son piares na súa defensa para o futuro. Os últimos achados permítennos rastrexar o instrumento ata o século XVI na península Ibérica.

GALERÍA DE IMAXES                                                                                                  DESCARGABLES

alfombra floral
anon egeland
aula anon
aula cesar
aula john sverre
aula john
aula pando
aula sverre
che
conferencia favio
conferencias
recordatorio ao fillo de herminio
favio tricomi
folke nesland
francis, stephan, che, daniel, o pando na fonsagrada
ii curso na fonsagrada
john wright
mercado exposicion
oliverio
otilio alvarez
probable orixe medieval noruega
probable orixe medieval noruega bis
profesores e alumnos i curso
profesores e alumnos inaugurando monumento
stand san froilan
sverre jensen

EQUIPO DE TRABALLO:

 

Dirección das xornadas:

Luciano Pérez Díaz

Coordinación:

Francisca López, directora CENTRAD

Traballo de campo:

Natalia Regueiro

Cursos de construción:

Folke Nesland, Oliverio Álvarez, Ché da Luaña

Cursos de interpretación:

Anon Egeland, César Fernández, Daniel do Pando, Emilio do Pando, Francis Olivier, John Wright.

Mercado e exposición:

Bernard Lalanne, Emilio do Pando, Ivan Alvite, John Wright, José Vázquez Suarez- Che-, Juan Carlos Quintana, Manuel María Corredoira, Otilio Álvarez.

Concerto en memoria de Herminio Villaverde:

Altagracia Dovale, Anon Egeland, César Fernández, Emilio do Pando, Fabio Tricomi, John Wright, Juan Antonio Villaverde, Otilio Álvarez, Rodrigo Romaní, Sverre Jensen.