Os instrumentos musicais do Pazo de Xelmírez


Ao longo do camiño de Santiago atopamos numerosas representacións artísticas que achegan información, ás veces única, de instrumentos musicais do pasado. Estas imaxes son obxecto de estudo da iconografía musical e da organoloxía e constitúen fontes documentais excepcionais para recuperar o son doutros tempos. A cidade de Santiago de Compostela, meta da peregrinación, destaca con dous centros excepcionais: o Pórtico da Gloria da catedral Compostelá e o Pazo de Xelmírez.

Este conxunto monumental dos séculos XII e XIII foi obxecto dun proxecto multidisciplinar de investigación e reconstrución impulsado pola Deputación de Lugo no ano 1993.

Un equipo de historiadores, artesáns, músicos e investigadores reunidos no Obradoiro de instrumentos musicais: Jesús Pérez, John Wright, Carlos Galbán, Christian Rault, Antonio Franco, Ramón Yzquierdo, Xermán Arias, Francisco Luengo, e Luciano Pérez estudou os instrumentos musicais tallados na pedra en diferentes posicións, o que permitiu obter detalles de tódolos ángulos, e poder así acometer con certas garantías a reconstrución en madeira. O resultado foi unha colección única de réplicas de instrumentos de corda desta época, tanto desde o punto de vista acústico como ergonómico. Unha selección de aqueles instrumentos amósase agora ó público que visita esta plataforma e todo o conxunto, na Colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e Arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño.

 

Galería de instrumentos reconstruídos

1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 

Visita virtual Pazo de Xelmírez,colabora a Fundación Catedral de Santiago de Compostela.


Visita VirtualAchégate para coñecer este espazo arquitecónico, e descubre onde se atopan cada un dos instrumentos musicais representados.
Música do grupo Por que trobar... e Capela Compostelana

Galería 3D de ménsulas do Pazo de Xelmírez


Visita VirtualCoñece cada un dos elementos escultóricos (ménsulas) do Pazo de Xélmirez, nas que se representan os diferentes instrumentos musicais presentes na colección.

 

Aplicación Interactiva de Realidade Virtual


Realidade VirtualExplora virtualmente dende o teu móbil este espazo singular e síntete como se estiveras alí. Nel poderás escoitar a música creada cos propios instrumentos da colección.

 

 


DESCARGABLES