ARQUIVO DOCUMENTAL

 

O arquivo documental, situado nunha sala anexa á colección, alberga os fondos documentais e bibliográficos xerados, entre os anos 1951 e 2008, polo obradoiro, achegas e colaboracións de particulares como: Carlos Blanco Fadol, Efraín Díaz, Editorial Canela, Francisco Cacharro Pardo, Jaime López, Juan M.ª Beltrán, Marcos Fernández, Mar Salinas, Salomé González Cao,  alumnado en prácticas da Facultade de Humanidades do campus de Lugo e servizos de publicacións de institucións públicas e privadas do Estado e internacionais en diferentes formatos e soportes.
Ten a finalidade de recuperar, organizar e conservar calquera documento relativo ao patrimonio musical,  fomentando a participación e a súa difusión.

Pola súa parte, a colección comeza a adquirir unha certa entidade coa cesión dos fondos da sección de música do Museo Provincial, no ano 1991, por medio da súa directora Lucila Yáñez Alló.
É de destacar a colaboración na súa musealización de Celsa, Ana e Francisca López, deseñadoras e  directora do CENTRAD,  Marina García e Nuria Serrano do Servizo de Museos da Xunta de Galicia e das achegas de: Alicia López, Alberto Fernández, Alfredo Bello, Alejandro Pin, Aurora Besteiro, Águeda Fraga, Anon Egeland, Antón Castro, Angel López, Antonio Portela, Baldomero Iglesias, Bruno Villamor, Carlos Galván, Carlos Rei, Carmen Romero, Candela Carroceda,  Concepcionistas  Franciscanas, Conchita Teijeiro, Consuelo Ortiz, Daniel Rozara, Daniel Papuga, Equipo Adobe, Emilio do Pando, Federico Acítores, Francisco Bobadilla, Francisco Porto, Florencio de Arborio, Gonzálo Garrote, Ivan Alvite, Javier Miragaya, Jaime Valcárcel, Javier Arias, José Pérez, José L. Fernández, José Corral, Jorge Labanca, José Fernández, José Vazquez, José e Manuel castiñeira, Juan Mari Beltrán, Juan Lomarti, José M. Raposo, Luís Angel Payno, Luís López, Luísa López, Mariluz Prosper Revilla, Manuel Granxeiro, Miguel Lorenzana, Manuel Rodríguez, Mercedes Tella, Oliverio Álvarez, Pablo Fernández, Ramiro Rodríguez, Santiago Martínez, Santiago Fernández, Sonia Moure, Secundino Penado, Sito, Siro Chao,  Sverre Jensen, Teresa Penado, Tomás Pérez, Víctor Otero e Xoán Anllo, Xoán C. Montes, Xosé Mingos, entre outros.    

A continuación pódense descargar os debuxos técnicos de gaitas históricas expostas nesta colección, un traballo levado a cabo, no ano 2007,  por Xoán Ramón Martínez Avalo sobre gaitas históricas no Noroeste peninsular, sen rematar.


Contidos relacionados

DESCARGABLES