CARTA DE ARTESÁN

A carta de artesán é un documento oficial que acredita a condición de artesán, expedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Os requisitos que son necesarios acreditar para obtela son os seguintes:

  1. Ter superados cursos en centros de ensinanza que impartan formación artesá cunha duración mínima de 500 horas.Ter traballado nun taller artesán, debidamente inscrito, baixo a dirección dun maestro artesán, recoñecido así pola consellería competente en materia de artesanía, cunha asistencia mínima de 500 horas.
  2. Documentación esixida será:
    • Fotocopia do DNI ou NIF
    • Memoria das actividades profesionais realizadas: a memoria deberá explicar tanto as materias primas empregadas como a metodoloxía de fabricación das obras (ferrametas utilizadas e proceso de elaboración), todo acompañado de exemplos de tipo gráfico (debuxos ou fotografías).
  3. Certificación ou documento acreditativo de que se cumplen os requisitos esixidos.

Esta documentación deberá presentarse nos rexistros xerais da Xunta de Galicia ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de resolución son 6 meses.

As normas que regulan a carta de artesán e o sector, pódense consultar nos documentos adxuntos: