Máis de corenta obradoiros artesáns recibiron axudas da Vicepresidencia da Deputación para paliar o impacto da crise sanitaria
Corenta e catro artesáns e artesás da provincia recibiron as axudas extraordinarias concedidas polo Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia para contribuír a paliar o impacto da crise sanitaria.
As achegas, de 1.500 euros, pretenden colaborar na cobertura dos gastos correntes dos obradoiros durante o 2020, un ano no que pandemia provocou a cancelación de feiras e mercados nos que venden os seus produtos feitos, ademais de afectar ao turismo e ás visitas guiadas aos talleres, outra das fontes de ingresos do sector.
As axudas chegaron a todos os solicitantes que cumpriron con requisitos previstos nas bases da convocatoria publicada o pasado 7 de novembro: inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e exercicio da actividade, como mínimo, desde o 1 de xaneiro.
Entre os 44 beneficiarios, figuran obradoiros de marroquinería , moda e complementos , cerámica contemporánea, carpintería, xoiería, torneado de madeira, restauración, cantería, instrumentos musicais, xoguetes , artes gráficas , artes escénicas , olería tradicional, carpintería de ribeira, traxe tradicional, lámpadas, tecidos, bixutería e ferrería espallados polas distintas comarcas, A Mariña (13), Lugo (12), Terra Chá (9), Ribeira Sacra (7), A Ulloa, Fonsagrada e A Montaña.
O deputado Efrén Castro explicou que “se trata de axudas extraordinarias para contribuír ao mantemento do sector nun ano no que tiveron moitas dificultades para comercializar os seus produtos. A situación sanitaria obrigou a suspender boa parte das feiras e eventos nos que venden pretenden contribuír a paliar as dificultades económicastratamos de atender as demandas do sector nun ano complicado, no que tiveron moitas dificultades para comercializar os seus produtos. Con estas axudas, tratamos de contribuír á viabilidade dos obradoiros que optaron por seguir mantendo a actividade”
O deputado nacionalista incidiu “na dimensión económica, social e cultural dos obradoiros artesáns, que elaboran produtos de valor engadido, crean emprego, impulsan o desenvolvemento rural, traballan desde criterios de sustentabilidade ambiental e manteñen técnicas e oficios tradicionais que nos identifican como pobo”
Esta convocatoria, cun investimento de 80.000 euros, canalizou boa parte dos fondos destinados a actividades e proxectos expositivos que non se puideron realizaron durante a paralización da actividade polo decreto de alarma no Centro de Artesanía e Deseño. Os obradoiros beneficiarios teñen ata o vindeiro 31 de marzo para achegar a documentación para xustificar a axuda.