TÍTULO
Homenaxe a Xosé Vizoso. Fillo Predilecto de Mondoñedo
COORDINACIÓN
Colectivo Mondoñedo É...
ISBN
978-84-8192-538-8
ANO DE EDICIÓN
2017
  

Este libro recolle unha ampla e variada información biográfica e artística, ilustrada con numerosas fotografías, sobre Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950 – Brión, 2025), artista polifacético que destacou como ilustrador, deseñador cerámico, de logotipos e tipografías, cartelista, escultor, muralista, caricaturista, retratista e escenógrafo. Como se comenta no correspondente capítulo, aínda queda moita obra de Vizoso por coñecer.

Colaboraron Xe Freyre, Juan Puchades, Armando Requeixo, Daniel Río 'Caxigueiro', Antonio Reigosa, Pedro Cabarcos, Xoán Guerreiro, Antón Caxoto, J. Pedro Gómez, Fran Bouso, Francisco Piñeiro e Miguel Fernández Cid.

O capítulo de peche, denominado 'Agarimos para Xosé Vizoso', recolle as colaboracións gráficas e literarias de máis de setenta amigos e amigas que o felicitaron desta maneira polo seu nomeamento como Fillo Predilecto de Mondoñedo en marzo de 2017.