FORMACIÓN E RECUPERACIÓN

 

Desde as súas orixes, no ano 1951, o  Obradoiro-Escola de instrumentos musicais galegos participa da vocación de ensino e formación das novas xeracións que, na granxa escola de Barreiros, preto da aldea de Paulino Pérez, puxera en práctica o seu creador Antón de Marcos. Nun encontro propiciado polo mestre da escola, Avelino Pousa Antelo, no que require a Paulino Pérez para tocar a gaita na presentación do grupo de baile, Antonio Fernández López, emocionado, grita terra!!!  Este espírito adquire forza e vai sumando sinerxías coa incorporación de Faustino Santalices e a Deputación de Lugo, quen cede uns locais nos que se instala o obradoiro, centrando o traballo na construción de gaitas, zanfonas e freixolés, xunto coa atención aos rapaces acollidos pola institución provincial.


No ano 1973, comenza como aprendiz Luciano Pérez e, entre os anos 1975 e 1978, incorpóranse  Antón Corral e Xesús Pérez e inícianse os proxectos: seteto de gaitas, do musicólogo Rogelio Leonardo de Bouza, e afinación con diapasón das zanfonas, acadando o seu sistema de roda desmontable.
 A partir do ano 1979, Xesús e Luciano Pérez encetan unha nova andadura do obradoiro vertebrando o traballo en dúas áreas principais: formación de artesáns e interpretes e estudo e recuperación do patrimonio musical galego. De todo iso, beneficiáronse numerosas persoas particulares de todo o Estado, asociacións e colectivos, tanto nas propias instalacións como achegándolles aos colexios e institutos da provincia o proxecto Xoguetes sonoros, Instrumentos infantís, en combinación coas xornadas pedagóxicas na Facultade de Formación do Profesorado; todo un plan de formación no que destaca a colaboración co Instituto Nacional de Emprego, entre 1988 e 1990. En maio de 1983, créase a Escola de gaitas e zanfonas que combinaba o ensino do instrumento co solfexo. 


Ata o ano 2008 foron moi cuantiosas as actividades programadas: concertos didácticos, cursos, charlas, exposicións temporais ou traballos de campo. En todo este labor contamos con destacados mestres como: o tallista Segundo Marei; o zanfonista Claude Flagel; o cantautor Miro Casabella; os etnomusicólogos Luc Charles Dominique e José Antonio Alonso; o artista e músico transversal Laurent Tixert; o construtor de claves Rafael Marijuán; o organeiro Federico Acítores; os musicólogos Antonio Álvarez Cañibano, Beryl Kenyon de Pascual, Cristina Bordas, José López Calo, Carlos Villanueva e Joaquín Díaz; os etnomusicólogos e coleccionistas Carlos Blanco Fadol e Juan M.ª Beltran; o zanfonista electroacústico Valentín Clastrier; a especialista en moldes Inmaculada Souto; a Asociación de Gaiteiros Galegos; o construtor de instrumentos Luís Payno; a restauradora Blanca Besteiro; o músico Henrique Candal e o bailarín José de Udaeta, entre outros. Na colección e arquivo recóllense parte destes traballos. Moitos músicos e mestres artesáns de renome deron neste obradoiro os primeiros pasos.

GALERÍA DE IMAXES

asubío
aulas
banda escola gaitas
carraca trompa
escola zanfonas orfeon lucense
grupo musica popular e medieval
matraca
taranquexo
tonométrico
xoguetes sonoros
zanfoniñas
prácticas universitarias

DESCARGABLES