O ensino, estudo e recuperación do patrimonio musical galego vertebra o traballo do obradoiro ata o ano 2008. Un dos programas que se desenvolveron máis exitoso é o dedicado á recuperación e continuidade do oficio e interpretes de trompa, un termo da montaña Lucense e, tamén, xeralmente utilizado en Irlanda e en Escocia. A trompa forma parte dunha categoría de instrumentos que emprega a capacidade da boca humana para producir unha morea de tons, unha variedade infinita de sons e con moitas maneiras de conseguilo. Mantívose vivo no concello da Fonsagrada grazas, entre outros, ao falecido Herminio Villaverde.
Un completo programa formativo con conferencias, obradoiros de construción e interpretación, mercado de venda e festival, durante unha semana no CENTRAD. Desenvolvéronse as actividades ás que asistiu numeroso público e alumnado chegado de toda Galicia. Músicos e artesáns galegos, sicilianos e noruegueses, xunto ao investigador John Wright, traballando xuntos para a revitalización dun instrumento musical que nos xungue ao compartir o mesmo sistema de fixación da lingüeta ao marco de ferro por medio dunha cuña.
Nunha segunda fase, desprazámonos á Fonsagrada para achegarlles a formación aos rapaces e rapazas da contorna, que construíron o seu propio instrumento. Paralelamente, nun obradoiro ao aire libre, constrúese un instrumento xigante como monumento á trompa que instalamos na praza do concello.
Hoxe a trompa de boca é un instrumento máis do noso repertorio instrumental. Profesorado, mestres artesáns e, mesmo, unha asociación son piares na súa defensa para o futuro. Os últimos achados permítennos rastrexar o instrumento ata o século XVI na península Ibérica.
GALERÍA DE IMAXES DESCARGABLES
EQUIPO DE TRABALLO
Dirección
Luciano Pérez Díaz
Coordinación
Francisca López, directora CENTRAD
Traballo de campo
Natalia Regueiro
Cursos de construción
Folke Nesland, Oliverio Álvarez e Ché da Luaña
Cursos de interpretación
Anon Egeland, César Fernández, Daniel do Pando, Emilio do Pando, Francis Olivier e John Wright
Mercado e exposición
Bernard Lalanne, Emilio do Pando, Ivan Alvite, John Wright, José Vázquez Suarez- Che-,
Juan Carlos Quintana, Manuel María Corredoira e Otilio Álvarez
Concerto en memoria de Herminio Villaverde
Altagracia Dovale, Anon Egeland, César Fernández, Emilio do Pando, Fabio Tricomi, John Wright,
Juan Antonio Villaverde, Otilio Álvarez, Rodrigo Romaní e Sverre Jensen