CELME DE ZANFONA


As xornadas sobre a Zanfona na Galiza: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento.


Coñecido como Celme de zanfona, era un ansiado proxecto da Colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e arquivo documental do CENTRAD, para a procura de novas ferramentas e espazos que favorezan a interacción do inmenso caudal de profesionais galegos, un foro útil no estudo deste instrumento destinado ás novas xeracións, creando un espazo de diálogo e confrontación de ideas arredor das diferentes metodoloxías, procedementos e os seus alcances  culturais. 

Celme de zanfona non só fai referencia  á alma da zanfona, senón que resume a esencia da zanfona galega, da súa idiosincrasia e dos seus valores, por iso nace coa vontade de sumar sinerxías con outras accións privadas e institucionais para impulsar, incentivar e consolidar a interacción entre os investigadores, músicos, mestres artesáns e escolas de ensino na evolución da música e do instrumento musical.