DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA CULTURA, 2024
   
    • Resolución de concesión definitiva.  BOP 290, do 17 de decembro de 2024 
    • Resolución de concesión provisional. BOP 267, do 19 de novembro de 2024 
 
De acordo coas bases reguladoras publicanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas do ano 2024. Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do enlace: https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
(DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA).

    • Sede electrónica
    • Trámites xerais
    • Presentación de escritos
    • Alta de solicitude 
 
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, 2024

Anexo I (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo II (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo III (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo IV (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Modelo de Renuncia (PDF editable, prema, descargue e garde)
● Facturas polo importe da subvención concedida:
(DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
● Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
● Documento bancario actual da Asociación co CIF
∎ Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
∎ O prazo para presentar a xustificación finalizará o 
31 de marzo de 2025
 
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2024

Anexo I (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo II (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo III (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo IV (PDF editable, prema, descargue e garde) / (word)
Modelo de Renuncia  (PDF editable, prema, descargue e garde)

●Facturas polo importe da subvención concedida: 
(DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
●Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
●Documento bancario actual da Asociación co CIF
●Dúas fotografías do investimento realizado
∎Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
∎O prazo para presentar a xustificación finalizará o 
31 de marzo de 2025 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE CULTURA, 2024

De acordo co punto 10, ACORDOS DE CONCESIÓN E NOTIFICACIÓNS das Bases da convocatoria, e ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o acordo de concesión provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para a presentación de alegacións.

Así mesmo, o citado acordo publicarase na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org.

ACORDO DE CONCESIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, ANUALIDADE 2024.

Acordo de concesión provisional. BOP 267 do 19.11.2024 

ACORDO DE CONCESIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DESTINADAS A INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS DE CARÁCTER CULTURAL E PARA EQUIPAMENTOS CULTURAIS REALIZADOS POR ASOCIACIÓNS CULTURAIS DA PROVINCIA DE LUGO, ANUALIDADE 2024

Acordo de concesion provisional. BOP 267 do 19.11.2024

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE CULTURA, 2024

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

As solicitudes, Anexos e outra documentación que corresponda deberán formularse con sinatura electrónica.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN 

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

    1. Acceder á sede electrónica
    2. Subvencións
    3. Subvencións de concorrencia competitiva de CULTURA
    4. Alta de solicitude

Se desexa presentar máis dunha solicitude (por actividades culturais + por investimentos e equipamentos culturais) deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo dos extractos das convocatorias (BOP Núm. 082- martes 9 de abril de 2024).

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN 
 
Unha vez revisada a documentación presentada, de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica. A este respecto recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.
A forma de recibir a notificación é a seguinte:
 
    • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.
    • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
    • Identifíquese » Carpeta cidadá » Mis notificacións
    • Marque a notificación e indique “Recibir” ou “Deseo rechazar a documentación seleccionada”
    • A continuación asinará e aparecerá unha “certificación da documentación recibida”. Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.
    • Descargar e finalizar.

Para acceder ao expediente deberá seguir os seguintes pasos:
    • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
    • Entrar en "Carpeta cidadá". Acceder a miña carpeta
    • Os meus expedientes
    • Incorporar documentación

IMPORTANTE: Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

PRESENTACIÓN DE NOVA DOCUMENTACIÓN 
  
    • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
    • Identifíquese » Carpeta cidadá » Acceder a mi carpeta. As miñas notificacións.
    • Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN

CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, ANO 2024 

   ∎ SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL

    Bases

    Extracto da convocatoria:  BOP do martes, 9 de abril
 
    ∎ Formulario de solicitude:
 
        Anexo 1 Instancia (pdf editable, prema, descargue e garde)  
        Anexo 2 Declaración responsable (pdf editable, prema, descargue e garde) 
        Anexo 3 Declaración responsable de orzamento de gastos (pdf editable, prema, descargue e garde)
        Anexo 4 Proxecto concreto ou memoria (pdf editable, prema, descargue e garde)  
        Anexo 5 Solicitude de autorización previa para a subcontratación (pdf editable, prema, descargue e garde) 

       ****Formulario de solicitude en formato .doc

    ∎ Outra documentación que debe presentar: 
   
    • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade
    • Copia do NIF da entidade
    • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran     presentados na entidade con anterioridade ou sufriran        modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.
    • Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada

∎ SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2024

∎ Nesta liña de subvencións, cada entidade solicitante poderá formular unha única solicitude (ou por investimentos ou ben por equipamentos)

    Bases
    Extracto da convocatoria: BOP do martes, 9 de abril

∎ Formulario de solicitude:
    .  

        Anexo 1 Instancia (pdf editable, prema, descargue e garde)
        Anexo 2 Declaración responsable (pdf editable, prema, descargue e garde) 
    .   Anexo 3 Declaración responsable de orzamento de gastos (pdf editable, prema, descargue e garde)
        Anexo 4 Declaración responsable obtención de licenzas e autorizacións (pdf editable, prema, descargue e garde) 
        Anexo 5 Proxecto concreto ou memoria (pdf editable, prema, descargue e garde) 
        Anexo 6 Solicitude de autorización previa para a subcontratación (pdf editable, prema, descargue e garde)  

       ****Formulario de solicitude en formato .doc

 ∎ Outra documentación que debe presentar:
   
    • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.
    • Copia do NIF da entidade
    • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran presentados na entidade con anterioridade ou sufriran            modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.
    • Copia de contrato de aluguer, cesión ou ben escritura de propiedade da instalación/local social. 
    • Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da     subvención solicitada
    
 Información: 
        982- 260260  / 982- 260 058
               secretariacultura@deputacionlugo.org / carla.bejarano@deputacionlugo.org.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA CULTURA, 2023
   
    • Resolución de concesión definitiva.  BOP 289, do 19 de decembro de 2023 
    • Resolución de concesión provisional. BOP do  20.11.2023
 
De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas. Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
(DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA).

    • Sede electrónica
    • Trámites xerais
    • Presentación de escritos
    • Alta de solicitude 
 
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, 2023

Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde)

● Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO  EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
● Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
● Documento bancario actual da Asociación co CIF
∎ Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
∎ O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2024

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2023

Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)
Modelo de Renuncia  (pdf editable, prema, descargue e garde)

●Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
●Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
●Documento bancario actual da Asociación co CIF
●Dúas fotografías do investimento realizado
∎Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2024 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA, ANUALIDADE 2023

De acordo co punto 10, RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓNS das Bases da convocatoria, e ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), o acordo de resolución provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal.

PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 20 DE NOVEMBRO DE 2023

SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL 2023

SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS DE CARÁCTER CULTURAL E PARA EQUIPAMENTOS CULTURAIS 2023

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL 2023

BASES

EXTRACTO DA CONVOCATORIA. BOP LUGO 8 DE MAIO 2023

Formulario de solicitude (pdf editable, prema, descargue e garde).

Outra documentación que debe presentar: 

  • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade

  • Copia do NIF da entidade

  • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran presentados na entidade con anterioridade ou sufriran modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.

  • Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada

SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS 2023

Nesta liña de subvencións, cada entidade solicitante poderá formular unha única solicitude (ou por investimentos ou ben por equipamentos)

BASES

EXTRACTO DA CONVOCATORIA. BOP LUGO 8 DE MAIO 2023

Formulario de solicitude (pdf editable, prema, descargue e garde).

Outra documentación que debe presentar:

  • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.

  • Copia do NIF da entidade

  • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran presentados na entidade con anterioridade ou sufriran modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.

  • Copia de contrato de aluguer, cesión ou ben escritura de propiedade da instalación/local social.

  • Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AMBAS SUBVENCIÓNS

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

As solicitudes, Anexos e outra documentación que corresponda deberán formularse con sinatura electrónica.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  1. Acceder á sede electrónica

  2. Subvencións

  3. Subvencións de concorrencia competitiva de CULTURA

  4. Alta de solicitude

Se desexa presentar máis dunha solicitude (por actividades culturais + por investimentos e equipamentos culturais) deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo dos extractos das convocatorias (BOP Núm. 104- luns 8 de maio de 2023-, polo tanto remata o martes, 23 de maio de 2023.

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN

Unha vez revisada a documentación presentada, de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica. A este respecto recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.

A forma de recibir a notificación é a seguinte:

  • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

  • Identifíquese » Carpeta cidadá » Mis notificacións

  • Marque a notificación e indique “Recibir” ou “Deseo rechazar a documentación seleccionada”

  • A continuación asinará e aparecerá unha “certificación da documentación recibida”. Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.

  • Descargar e finalizar.

Para acceder ao expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

  • Entrar en "O meu cartafol"

  • Os meus expedientes

  • Incorporar documentación

IMPORTANTE: Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

PRESENTACIÓN DE NOVA DOCUMENTACIÓN

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

  • Identifíquese » Carpeta cidadá » Acceder a mi carpeta. As miñas notificacións.

  • Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN

Información:

982- 260260 / 982- 260 058

secretariacultura@deputacionlugo.org / carla.bejarano@deputacionlugo.org

DOMENTACIÓN XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA CULTURA, 2022

De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: (DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA).

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

  • Sede electrónica

  • Tramites xerais

  • Presentación de escritos

  • Alta de solicitude 

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)

Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)

Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)

Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)

Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde) / (word)

Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)

Comprobantes do pagamento das facturas presentadas

Documento bancario actual da Asociación co CIF

Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.

O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2023 (venres)

SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL 2022

Resolución provisional de concesión. BOP 21 de xuño.

SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL 2022

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

  1. Sede electrónica
    2. Subvencións
    3. Subvencións de concorrencia competitiva de CULTURA

  4. Alta de solicitude

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
•    Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
•    Entrar en "O meu cartafol"
•    Os meus expedientes
•    Incorporar documentación

 Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 056 – xoves, 10 de marzo 2022), polo tanto remata o xoves, 24 de marzo de 2022

Bases

Extracto da convocatoria BOP 10 de marzo de 2022

Formulario de solicitude:  pdf editable (prema, descargue e garde) /  word

Outra documentación que debe presentar:

Copia do NIF da entidade

Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran presentados na entidade con anterioridade e sufriran modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.

Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada.

  → Información: 982- 260260  / 982- 260 058
secretariacultura@deputacionlugo.org   / carla.bejarano@deputacionlugo.org

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA CULTURA, 2021

De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: (DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA).

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica

  • Tramites xerais

  • Presentación de escritos

  • Alta de solicitude 

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde)

Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)

Comprobantes do pagamento das facturas presentadas

Documento bancario actual da Asociación co CIF

Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.

O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS

Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)

Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde)

Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)

Comprobantes do pagamento das facturas presentadas

Documento bancario actual da Asociación co CIF

Dúas fotografías do investimento realizado

Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.

O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, 2021

Resolución definitiva de concesión. BOP 23 de decembro

Resolución provisional de concesión. BOP 26 de outubro.

SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2021

Extracto da convocatoria
 
∎ Formulario de solicitude  (pdf editable, prema, descargue e garde). 

∎ Outra documentación que debe presentar:
 
•    Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade
•    Copia do NIF da entidade
•    Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
•    Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada

SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2021

∎ Nesta liña de subvencións, cada entidade solicitante poderá formular unha única solicitude (ou por investimentos ou ben por equipamentos)

Bases

Extracto da convocatoria

∎ Formulario de solicitude (pdf editable, prema, descargue e garde). 

∎ Outra documentación que debe presentar:

•    Copia do NIF da entidade
•    Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
•    Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada
     
Información: 982- 260260  / 982- 260 058
secretariacultura@deputacionlugo.org   / carla.bejarano@deputacionlugo.org

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder do seguinte xeito:

    1. Subvencións
    2. Acceder á sede electrónica
    3. Subvencións
    4. Subvencións de concorrencia CULTURA

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
 
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
•    Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
•    Entrar en "O meu cartafol"
•    Os meus expedientes
•    Incorporar documentación

No caso de presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude
 
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 156 – sábado, 10 de xullo 2021), polo tanto remata o venres 23 de xullo de 2021

PROGRAMA MUSIQUEANDO 2021

Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2021   

A continuación pode consultar subvencións e outras axudas que xestiona a Deputación de Lugo no eido da Cultura.
Pode consultar información, de carácter máis xeral, relacionada sobre as subvencións na páxina principal de subvencións

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA  PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS 2020

Publicada a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para investimentos en instalacións e equipamentos culturais na anualidade 2020. (BOP num 300 do 31 de decembro de 2020)

Documentación que debe achegar: 

  1. Instancia (pdf I word)
  2. Memoria da actividade (pdf I word)
  3. Declaración responsable (pdf I word)
  4. Relación clasificada dos gastos realizados (pdf I word)
  5. Renuncia (pdf I word)

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA  PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2020

Publicada a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2020. (BOP num 300 do 31 de decembro de 2020)

Documentación que debe achegar: 

  1. Instancia (pdf I word)
  2. Memoria da actividade (pdf I word)
  3. Declaración responsable (pdf I word)
  4. Relación clasificada dos gastos realizados (pdf I word)
  5. Renuncia (pdf I word)

AXUDAS CONCORRENCIA COMPETITIVA  PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2020

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo, nesta ligazón.

Prazo de presentación de solicitudes: do 7 ao 18 de setembro.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

AXUDAS CONCORRENCIA COMPETITIVA  PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO CULTURAL 2020

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo, nesta ligazón.

Prazo de presentación de solicitudes: do 7 ao 18 de setembro.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

PROGRAMA MUSIQUEANDO 2020

Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2020   

PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019

Modelos de xustificación de Cultura    

  1. Modelo de solicitude do abono
  2. Memoria de actuación xustificativa
  3. Anexo X: Relación clasificada de gastos e certificado de secretaría |  Relación clasificada de gastos e certificado de secretaría (con fondos propios)
  4. Anexo XI: Modelo de declaración responsable

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA  PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2019

Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2019. (BOP num 290 do 19 de decembro de 2019)

Documentación que debe achegar: (pdf)

  1. Instancia (pdf | word)
  2. Memoria da actividade (pdf | word)
  3. Declaración das subvencións ou axudas obtidas (pdf | word)
  4. Declaración dos gastos da actividade (pdf | word)
  5. Anexo 1: Relación clasificada dos gastos realizados, que inclúa o custo total da actividade. (pdf | word)
  6. Declaración xurada: realización na súa totalidade da actividade, asunción ou non do IVE, e inclusión da imaxe corporativa da Deputación de Lugo/Área de Cultura nos soportes utilizados para realizar a publicidade da actividade subvencionada. (pdf | word)
  7. Declaración xurada de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro. (pdf | word)
  8. Facturas orixinais ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfco xurídico mercantl ou con eficacia administrativa, como mínimo ata o importe da subvención concedida.
  9. Acreditación do pagamento das facturas: se foron pagadas a través do banco, copia da transferencia ou do abono. Cando unha factura ou documento de valor probatorio equivalente se pague en efectivo deberá constar na mesma a expresión “Recibín en efectivo en data …………….”,asinada polo receptor con identificación do mesmo (NIF, nome e apelidos). 
  10. Certificación bancaria da entidade, co CIF e con data actual.
  11. Declaración xurada imputación gastos. (pdf | word).

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA  2019

Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2019

Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2019.

1. Bases da convocatoria

2. Modelos de solicitude

3. BOP do 04/04/2019

4. Prazo de presentación da solicitude: 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación no BOP da provincia de Lugo o extracto da convocatoria. Remata o prazo o 29 de abril.

PROGRAMA BUXIGANGA 2019

Bases e modelos de solicitude do Programa Buxiganga proxecto teatral Afeccionado 2019. Publicadas no BOP do 06/03/2019 

PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2019 (PROSCENIO)

Bases e modelos de solicitude do Programa de Teatro Profesional (PROSCENIO) 2019

PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018

Modelos de xustificación de Turismo    

  1. Modelo de solicitude do abono
  2. Memoria de actuación xustificativa
  3. Anexo X: Relación clasificada de gastos e certificado de secretaría
  4. Anexo XI: Modelo de declaración responsable

PROGRAMA MUSIQUEANDO 2019

Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2019   

    PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2018 (PROSCENIO)

    Bases e modelos de solicitude do Programa de Teatro Profesional (PROSCENIO) 2018

    PROGRAMA BUXIGANGA 2018

    Bases e modelos de solicitude do Programa Buxiganga proxecto teatral Afeccionado 2018    

    PROGRAMA MUSIQUEANDO 2018

    Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2018    

    PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2017

    Modelos de xustificación de Turismo    

    1. Modelo de solicitude do abono
    2. Memoria de actuación xustificativa
    3. Relación clasificada de gastos
    4. Certificación do custo total 2017 e realización actividade
    5. Declaración Xurada (obrigas do beneficiario, o IVE e o patrocinio)
    6. Declaración Xurada (axudas e patrocinios)

    SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA    

    Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2018

    Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2018.

    Publicadas as listaxes de subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo, anualidade 2018, por acordo da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 10 de agosto de 2018.

    Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2017

    Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2017.

    Destinadas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción da artesanía no ano 2017    

    Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de Subvencións destinadas a entidades asociativas e Asociacións sen ánimo de lucro, da provincia de Lugo para a realización de actividades de promoción da artesanía na anualidade 2017.

    Destinadas a entidade e asociacións culturais ano 2016    

    Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades e asociacións culturais (categorías de actuacións culturais permanentes e de eventos culturais) da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2016.

    CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA CONCELLOS 2016. MODELOS DE XUSTIFICACIÓN  

    • Convenio de Colaboración para o desenvolvemento de actividades culturais    
    • Convenio de Colaboración para investimentos en instalacións de carácter cultural e para equipamentos culturais