DE MULLER A MULLER

 

RL

 

De muller a muller é unha resposta á necesidade que presenta a mocidade de configurar a súa identidade persoal e profesional. Así mesmo trátase dunha incitación ao compromiso co medio rural, dunha aperta co feminismo e dun forte compromiso co repoboamento. O obxetivo prioritario deste proxecto de investigación é ofrecer modelos femininos de éxito no medio rural, alén de difundir un rural innovador, diverso, tolerante e inclusivo.

A narración de experiencias persoais positivas é un xeito de minimizar os sesgos negativos. Cando a percepción que as persoas teñen sobre o medio rural se torna máis positiva é máis probable que non abandoen os desexos e metas que teñen vencellados ao seu lugar de orixe. Precísase que tanto as persoas que xa son habitantes coma as que poidan selo nun futuro teñan referentes na zona.

De muller a muller é, ademáis dun proxecto, unha reivindicación das maneiras de vivir. 

Historias de mulleres, imprescindibles para o noso presente e futuro.